Alalá 001: MALVELA

Ás veces, as aldeas perden a voz que lle é propia, os cantares que resoaban nos camiños, nas leiras, nos lavadoiros e nas casas. Desde Sanguiñeda, Malvela é unha xanela aberta pola que saen, limpos e frescos, eses cantos vellos e a forza natural destas mulleres empeñadas en non deixalos esmorecer. Con esta pretensión naceu o grupo Malvela, a partires dun cursiño de Cantos Populares organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos impartido por Uxía Senlle. Un cursiño no que quedaron moi claras as ganas de aprender, de divertirse, de saír da casa, de sentir a música popular sen complexos, asumíndoa e revalorizándoa. Por fin podiamos escoitar fóra do ámbito doméstico esas fermosas voces. Grazas ás Malvela.
Genero:Alalá TVG
Fecha:14/02/2006
Discografica:TVG