Alalá 005: Rosa de Moscoso

Rosa Garrido, máis coñecida como Rosa de Moscoso, é unha estrela, unha xoia da musica tradicional galega que conserva unha das voces máis poderosas de Galicia. Esta muller de carácter forte e sorriso franco, é tan popular polo seu xeito de cantar que moitos veciños chegan a emocionarse, e mesmo a chorar, cando a oen cantar durante a liturxia de Semana Santa, por exemplo. Por se isto fose pouco, Rosa na súa incrible memoria conserva con precisión centos de cantares antigos, cancións que foi aprendendo desde que era unha nena de súa nai, de seu pai, un canteiro portugués, lle aprendia cantos da súa terra e dos vellos da zona. Rosa é como unha fonoteca vivinte da canción tradicional galega e unha das figuras máis recoñecidas e admiradas polos especialistas e afeccionados deste tipo de música.
Genero:Alalá TVG
Fecha:14/03/2006
Discografica:TVG