Alalá 007: OS ESTALOTES

A música tradicional como divertimento, como festa, como algo espontáneo que hai que compartir para gozar dela intensamente. Esta podería ser a filosofía que define ós Estalotes, un grupo que naceu hai uns quince anos nunha das rúas con máis vida de Santiago de Compostela, na rúa de San Pedro. Daquela os membros fundadores, como Morgan, Xabier, Enrique e José estaban xa en Cantigas e Agarimos pero isto non era de abondo para eles, así que deciron formar outro grupo. Xuntábanse para ir tomar os viños polas tabernas do barrio e, de paso, tocaban e cantaban. Iso o que eles chamaban, e chaman, “estalotadas”. Agora xa non percorren tantas tabernas, pero ese concepto de “festa ambulante” segue intacto e un venres de cada mes volven saír xuntos para gozar do que máis lles gusta: música e amigos. Cos anos, as estalotadas, non perderon popularidade, senón todo o contrario, foron entrando novos membros. Primeiro foron Mouriño, un artesán de gaitas; Mané, fillo do gran gaiteiro Mallou e Antonio, considerado por moitos o mellor pandereteiro de Galicia. Anos despois chegaron máis: Belén, unha moza que estudou Mediciña e que acaba de aprobar o MIR; Elisa, filóloga, que ademais de desfrutar coa música, nas estalotadas atopou o amor de Manolo; tamén dos últimos en incorporarse foi Alberto, comprador dunha multinacional téxtil. Cos anos, os Estalotes foron a máis e o número de persoas que participan nas estalotadas tamén. De feito, eles calculan que, entre todos, hoxe en día, os Estalotes deben ser uns douscentos.
Genero:Alalá TVG
Fecha:28/03/2006
Discografica:TVG