Alalá 003: CANTAREIRAS DE LAXOSO

Máis coñecidas coma “as cantareiras de Laxoso”, o grupo Herva Verde está formado por 11 mulleres –entre cincuenta e oitenta e tantos anos- e un home. O equipo do programa Alalá achegouse ata este lugar, moi preto de Pontecaldelas, para coñecer este grupo, que malia non ter ningún disco propio gravado, foi a fonte da que beberon outros grupos como Leilía, Fiadeiro, etc e, por iso, as cancións das de Laxoso pódense atopar en moitos CDs de artistas distintos. Para toda xente nova que se dedica á recollida de pezas populares, Laxoso é un punto de referencia, sobre todo porque a memoria prodixiosa de Aurea conserva centos de cancións que se cantaban hai anos nos seráns da zona.
Genero:Alalá TVG
Fecha:28/02/2006
Discografica:TVG