Alalá 20: Muiñada
A TVG estrea esta noite a nova etapa de Alalá cun programa especial. Unha muiñada que vai reunir boa parte dos artistas que xa pasaron por este espacio na pasada tempada. Integrantes de grupos como Malvela, Treixadura, Pandeiromus, Os Estalotes, Cantadeiras do Berbés, Diplomáticos do Acordeón ou Son de Seu compartirán esta noite de muiñada con Concha de Luneda, Rosa de Moscoso, Pinto de Herbón, Luis Caruncho, Manuel Amigo ou Aúrea das pandereteiras de Laxoso. Todos xuntos convertirán esta xuntaza no Muiño de Delio nunha festa improvisada e nun espacio para a tertulia. Porque ademais de cantar, tocar, bailar e regueifar, falaran sobre a relación que, grazas á musica e a tradición, se establece entre distintas xeracións. Vellos e novos, a evolución da música e dos músicos, a terra, os incendios e a vida, son temas que se mesturarán con consellos para nova tempada do programa e algunha crítica constructiva. Así con este ambiente de amizade e festa arranca un nova andaina do programa na que coñeceremos de cerca a grupos e solistas da música tradicional e folk de tódolos recunchos de Galicia. Os gaiteiros de Xarín, o folclorista Xavier Blanco, a Ruada Rianxeira, as pandetereteiras de Faltriqueira, Maruxa da Cortellas, Mini e Mero e a familia Seivane son algúns dos artistas que van pasar por Alalá nas vindeiras semanas.
Genero: | Alalá TVG |
Fecha: | 19/09/2006 |
Discografica: | TVG |
| |