EJAZZ - Festival de Jazz de Lugo 2024

Galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de grupos vocais e coros (2019 e 2017) e tendo a voz por único instrumento, as vocalistas galegas Ejazz percorren dende o 2012 os principais clubs de jazz, salas de concertos e festivais da súa comunidade. Á fronte da formación, en calidade de arranxista e directora musical, encóntrase a recoñecida mestra e cantadora Carmen Rey. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro con cadanseus proxectos en solitario e extensas traxectorias musicais. Estamos diante unha idea de grupo atractiva e orixinal cuxo repertorio desprega sorprendentes versións a capella. Catro voces, catro personalidades, catro estilos que se funden nun harmonizados ao ritmo de jazz, soul, bossa nova, funk e rock.
Genero:
Fecha:01/11/2024
Discografica:Casa de Tolos