Pepe Zaragoza Quinteto - Jazz Lugo 2024
Pepe Zaragoza, trompeta
Víctor Jiménez, saxo
Xan Campos, piano
Darío Dilecce, contrabaixo
Vicente Porcar, batería
Pepe Zaragoza é un trompetista e compositor formado no núcleo da escena jazz valenciana. Ten tres álbums como líder editados polo selo Sedajazz Records. O primeiro deles, La plaça dels somnis, deulle galardóns de renome: primeiro premio no III Certamen Internacional de Jazz Ciudad de Talavera, primeiro premio no VII Concurs de Jazz a Castelló e segundo premio no Getxo Jazz 2018. O segundo álbum, La cala de l'encís, foi nomeado pela Generalitat Valenciana para mellor álbum de jazz 2020 e o terceiro, Eímer, gañou o Carles Santos da Música Valenciana a mellor álbum de jazz 2023.
Comezou a estudar trompeta aos nove anos no Conservatorio Municipal de Altea e, despois, a especialidade jazz no Conservatorio Superior de Valencia con Ramón Cardo, Voro García, Toni Belenguer e Albert Sanz entre outros. Completou a súa formación no Kug Jazz Institute de Graz (Austria) da man do distinguido trompetista americano Jim Rotondi. Actuou con personalidades tan destacadas como Wycliffe Gordon, Michael Abbene, Perico Sambeat e Javier Vercher.
Genero: | |
Fecha: | 08/11/2024 |
Discografica: | Casa de Tolos |
Festival: | Festival de Jazz de Lugo |