2na Fronteira - Conservatorio Superior Vigo
                            O dúo 2naFronteira, formado pola galega Carmen Penim e o romano Maurizio Polsinelli supón unha proposta musical de calidade e orixinalidade no actual panorama musical galego. A composición, tanto de temas propios como de música para poesías de autores recoñecidos, viaxa sempre entre a linguaxe musical culta e a música tradicional. 
O longo da súa historia levan musicalizado os poemas galegos de Lorca, textos de Paz Andrade, Curros, Celso Emilio, etc. Os concertos de 2naFronteira nunca deixan indiferente o público, pola gran calidade na execución, e a paixón e corazón cos que os músicos se poñen no escenario. Isto, unido á beleza das melodías que compoñen, e á beleza das palabras dos textos, fai deste concerto unha experiencia imperdible para todo amante da música de calidade e da nosa literatura.
                            
                                | Genero: | Músicas del mundo | 
                                | Fecha: | 24/07/2012 | 
                                | Discografica: | Casa de Tolos | 
                                 |  |