Andrés Penabad - Festa da Carballeira de Zas
Andrés Penabad é un xove e virtuoso acordeonista galego, que conta xa cunha longa traxectoria na música folk, un bo número de premios e recoñecementos, e ata cunha escola de acordeón que leva o seu nome. Despoís de dez anos no grupo pontés Muxarega, Andrés Penabad presenta “Crossing”, o seu primeiro disco en solitario, producido por Fernando Barroso e no que colaboran músicos do nivel de Kepa Junkera, Benedictino Romero ou Edelmiro Fernández. Acadou en tres ocasións o primeiro posto no certame internacional de acordeón como solista.
Dentro da xira de presentación do álbum, Penabad actuou na Festa da Carballeira 2016, ca súa impecable técnica co acordeón. Una hora de puro folk, levado magistralmente por un dos mellores acordeonistas do panorama internacional.
Genero: | Folk de Galicia |
Fecha: | 06/08/2016 |
Discografica: | Casa de Tolos |
Festival: | Festa da Carballeira de Zas |