O meu primeiro Celso Emilio VV.AA
                            O concerto “O meu primeiro Celso Emilio” é o último escalafón dun proxecto que, baixo a dirección de Xiana e Xose Lastra, celebra o centenario do poeta Celso Emilio Ferreiro. 
Neste concerto interpretáronse un total de oito cantigas do poeta, revisadas por Xurxo Varela e Nani García, para rematar coa peza que a poeta Ana Caxiao lle dedicou ao galeguista, “Cantiga na morte de Celso Emilio Ferreiro”. 
Grandes artistas do panorama galego como Xiana, María, Manuela, Mini e Mero, son os responsables de por voz a estes poemas, acompañados do piano de Nani García, o contrabaixo de Simón García, a guitarra de Xurxo Varela, o violín de Nuria Lestegás, o acordeón de Roberto Grandal, o baixo de Manuel e a percusión de Pepe.
                            
                                | Genero: | Solistas gallegos | 
                                | Fecha: | 06/03/2013 | 
                                | Discografica: | Casa de Tolos | 
                                |  |  |