A amnesia de Clío

A Amnesia de Clío inspírase no lado máis estraño e pintoresco da idea mesma de Historia e sérvese tamén da parte máis inexplicable da política como visión do mundo. Como ferramenta para entender o lugar que ocupamos neste planeta. Protagonizada por unha estraña galería de políticos -moitos deles xa retirados- esta peza envólvese dos protocolos e a excéntrica mecánica do universo político, para ofrecer unha mirada inesperada sobre a perspectiva patriarcal e as forzas e personalidades que converten os pasos en pegadas e as frases en citas. Unha experiencia á que asistimos guiados por unha figura insólita que se nos presenta nesta ópera como xeradora dun cambio universal, condutora dun plan internacional para cambiar un paradigma: o da musa e o artista.
Genero:El ballet y las óperas más emocionantes
Fecha:10/11/2019
Discografica:Casa de Tolos