Os Cantos Rolados V
Este programa céntrase no Mestizaxe en Galicia, mostrando tres exemplos moi dispares, como o de Laroá, unha banda onde converxen raíces cubanas, galegas, catalanas... para fusionar a tradición galega cunha morea de estilos a través do virtuosismo dos seus integrantes, relacionados co Jazz en Galicia.
Outro exemplo é o traballo de Diego Pacheco, unha fusión desta volta do folk americano ca tradición flamenca, como a raza do cabalo que lle da nome ao disco, o Mesteño, coñecido en norteamérica como o Mustang, o cabalo yankee por antomasia, descendente do pura raza español.
E por último temos a Transilvanians, a gran banda de swing e reggae galega, que acompaña a grandes xamaicanos como Roy Ellis nas súas xiras por Europa.
O erudito de este programa é Xurxo Souto.
Genero: | Os Cantos Rolados - TVG |
Fecha: | 14/11/2019 |
Discografica: | Casa de Tolos |
| |