Os Cantos Rolados IV
Este programa está adicado aos novos creadores do folk galego, uns do norte, como é a banda ferrolá BÖJ, gañadora do concurso Runas de Ortigueira, e outros do sur, coma é Caldo, unha proposta de vangarda na zona de Vigo. Ambos proxectos integrados por novas xeracións, cunha formación musical e gusto salientables. E como padriño, Anxo Lorenzo e as súas actuacións en Glasgow, Teatro da Beneficencia de Ortigueira e unha moi boa colaboración en acústico con Tucho. O erudito deste programa é Antón Seoane.
| Genero: | Os Cantos Rolados - TVG |
| Fecha: | 07/11/2019 |
| Discografica: | Casa de Tolos |
| |