Ataque Escampe en Festigal 2012

Ataque Escampe nace a finais de 2001 en Santiago de Compostela. Nun ambiente universitario o grupo comeza a ensaiar de forma habitual. Nestes inicios, as súas letras unen o experimentalismo con elementos da temática bravú. O ano seguinte establécense como quinteto e comezan a dar concertos, aínda que de forma irregular. E así se manteñen ata 2006 cando, gracias a recibir o I Premio de canción de autor Utopía Sons, o grupo empeza a obter certa relevancia. Dende entón, Ataque Escampe non deixa de aumentar a súa presencia no panorama musical galego. Producen músicas tristes, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas. Os sons son cada vez máis sofisticados e a súa historia está impresa en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011) ou Noites de agosto con Ataque Escampe (2012), entre outros.
Genero:Rock en gallego
Fecha:15/09/2017
Discografica:Casa de Tolos
Festival:Festigal