O Sonoro Maxín
O Sonoro Maxín nace no verán de 2007, co reencontro de vellos amigos do panorama musical galego, procedentes de proxectos como Lamatumbá ou Cinnamon Gum. Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega -e parte da portuguesa- con máis de 150 concertos. Nesta época compatiron escenario con grandes artistas coma Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka.
En O Sonoro Maxín atopámos a Ico na voz, Abraham "el niño" na guitarra, Samuel Saco coma controlador de vento midi e frauta traveseira, Cristina Asenjo no acordeón, Xurxo Brea co baixo, Jaime Mateo na batería e Marcos Vázquez ca percusión. Unha festa co máis puro sabor galego, ou simplemente, troula.
Genero: | Mestizaje nacional |
Fecha: | 15/09/2017 |
Discografica: | Casa de Tolos |
Festival: | A Tribu toda Baila |