Bellón Maceiras Quinteto en Festa de Malpica
O dúo Bellón/Maceiras nace na primavera de 2005 coa finalidade de afondar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón. Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademais dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario. ?
O longo dos seus sete anos de vida, Bellón/Maceiras presentou o seu traballo en lugares tan dispares como Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos de Falmouth (Cornualles, Reino Unido), Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña, Francia), Xenebra (Suíza), “Día de Galicia” en París (Francia), New York (EEUU), Varsovia (Polonia), en Hannover e Cuxhaven (Alemaña), ó festival de Cornouaille de Quimper (Bretaña, Francia) , concerto na catedral católica de Moscú (Rusia), Festival de Cosquín (Córdoba, Arxentina)...
Genero: | Folk de Galicia |
Fecha: | 18/08/2012 |
Discografica: | Casa de Tolos |
| |