Bellón Maceiras Quinteto - Ortigueira 2014
Os prestixiosos músicos Daniel Bellón e Diego Maceiras, coa formación BellónMaceiras Quinteto, suben de novo ao escenario Alameda do Festival de Ortigueira. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón, ofrecen unha viaxe musical a través de diversos estilos e ritmos de composición propia. Juan Tinaquero, Juan Cabe e Colás Lage, completan a formación do quinteto.
Neste concerto do 30 aniversario do Festival de Ortigueira contan coa colaboración dunha invitada moi especial, María López, zanfonista naronesa de 9 anos. María recibe na actualidade clases de zanfona e clases de gaita. Foi seleccionada por Carlos Nuñez en decembro de 2012 para participar nun concerto de novos músicos no Auditorio Mar de Vigo. No 2006, BellónMaceiras, coa colaboración de Álex Blanco, son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007.
Genero: | Folk de Galicia |
Fecha: | 19/07/2014 |
Discografica: | Casa de Tolos |
Festival: | Festival de Ortigueira |