Vigo430 - Arcos e espadas
O segundo programa da tempada 2022/23 da Orquestra Vigo 430, que leva por título «Arcos e espadas» é unha creación do violinista e historiador Cibrán Pérez Sarmiento, quen nos invita a un turbulento percorrido polos séculos XVII e XVIII. Grazas á narración a cargo de Miguel Alonso e a escenificación a cargo da Sala Viguesa de Esgrima Antiga, asistiremos a liortas, duelos e batallas enfiadas con música de cámara de Biber, Hume, Corelli, J. S. Bach, C. Ph. E. Bach, Rameau, Händel e Schmelzer. Todo elo en un novo e sumamente atractivo esceario na cidade de Vigo como é o Pazo da Oliva.
Genero: | Vigo430 |
Fecha: | 18/11/2022 |
Discografica: | Casa de Tolos |
| |