Vigo430: Música e videoxogos

O repertorio Ideado por Erea Carbajales e composto por Brais González Pérez, que interpretará a Orquestra sinfónica Vigo 430, dirixida por Isabel Rubio, está estruturado en doce bloques temáticos de videoxogos, que son os seguintes: 1) Crebacabezas: Angry Birds, Candy Crush, Tetris 2) Acción – Aventura: Uncharted, God of War, Assassin’s Creed, Medievil, The Secret of Monkey Island, The Legend of Zelda, Elden Ring. 3) Carreiras: Mario Kart, Gran Turismo, Virtua Racing 4) Survival Horror: The Last of Us, Silent Hill, Resident Evil 5) Estratexia: Age of Empires, Civilization 6) Simulación: The Sims, Animal Crossing 7) RPG: Pokémon, Final Fantasy, Skyrim, Fallout 8) Loita: Mortal Kombat, Tekken 9) Mundo aberto: Minecraft 10) FPS – Bélico: Call of Duty, Medal of Honor 11) FPS -Shooters: Far Cry, Quake, Half Life, Halo. 12) Plataformas: Super Mario, Yoshi’s Island, Crash Bandicoot, Sonic Poderemos presenciar unha viaxe, unha historia da música moi diferente á que estamos acostumados, xa que, no canto de centrarse no que a tradición académica veu chamando “música culta occidental”, focaliza o seu interese na música que se empregou ó longo do século XX e parte do XXI no eido dos videoxogos. E a viaxe que imos realizar porá en valor a inmensa contribución da música ó mundo, non so lúdico ou tecnolóxico senón tamén cultural, dos videoxogos. Non podemos obviar a enorme relevancia cultural e o extraordinario desenvolvemento e evolución da industria dos videoxogos, que, malia que nacera cunha finalidade primordialmente festiva e relacionada co tempo de lecer e o mundo do entretemento, acabou acadando cumios dun nivel cultural e, neste caso concreto, musical innegables. Temos ante nós un espectáculo musical, cultural, sociolóxico pero tamén tecnolóxico e mesmo histórico cuxa absoluta orixinalidade xorde da concorrencia de múltiples enxeños, de moitas destrezas
Genero:Vigo430
Fecha:02/01/2023
Discografica:Casa de Tolos

Canciones

  • 1 Crebacabezas: Angry Birds, Candy Crush, Tetri
    00:02:36
  • 2 Acción – Aventura: Uncharted, God of War, Ass
    00:10:26
  • 3 Carreiras: Mario Kart, Gran Turismo, Virtua R
    00:20:20
  • 4 Survival Horror: The Last of Us, Silent Hill,
    00:23:16
  • 5 Estratexia: Age of Empires, Civilization
    00:30:52
  • 6 Simulación: The Sims, Animal Crossing
    00:34:51
  • 7 RPG: Pokémon, Final Fantasy, Skyrim, Fallout
    00:44:04
  • 8 Loita: Mortal Kombat, Tekken
    00:48:38
  • 9 Mundo aberto: Minecraft
    00:58:02
  • 10 FPS – Bélico: Call of Duty, Medal of Honor
    01:07:45
  • 11 FPS -Shooters: Far Cry, Quake, Half Life, Hal
    01:10:49
  • 12 Plataformas: Super Mario, Yoshi’s Island, Cra
    01:20:55