Batuko Tabanka (Galego)

Parte desta grabación realizouse en Cabo Verde, cos músicos e cantantes máis representativos do panorama musical deste país africano. O ritmo das batukadeiras ten un pasado ligado a música tradicional que facían os esclavos de Cabo Verde. Estes ritmos africanos fusionánse de xeito natural coa música galega, xa que sorprendentemente descubrimos que os seus ritmos ternarios son moi parecidos ós das jotas galegas, e as cancións recordaban as que cantan as pandereteiras galegas no tocante a que existe unha sacadora a que se suma o resto de compañeiras repetindo a mesma frase. Neste documental poderedes descubrir ese viaxe por Cabo Verde e Galicia, sempre impregnado polos ritmos caboverdianos.
Genero:Making of
Fecha:01/01/2006
Discografica:Casa de Tolos