Dudecan - TMT I

Dudecan é unha banda galega de Funk/Ska/Mestizaxe que nace en 2016 reunindo a músicos que proveñen de grupos de largo percorrido da escena galega como Kogito - Ska feito na Galiza - e de formacións emerxentes como Ameva ou Hex. Esta mistura de procedencias ten un reflexo no estilo da banda que bebe do Funk e o Ska e que suma músicas do mundo con matices de Soul, Rock e Jazz que impregnan tamén os seus potentes directos. Destacan ao vivo por unha cuidada posta en escea, exercicios de improvisación e interactuación co público e a potencia vocal dunha das voces máis prometedoras da música alternativa galega. En 2016 poñen a proba o seu directo en numerosas salas do sur de Galicia con gran éxito e rematan de perfilar o que será o seu primeiro traballo de estudo. En 2017 publican o seu primeiro Ep "DudeCan", un cuidado debut composto por 5 temas en galego e inglés e comezan a súa presentación por Galicia e o estado cun novo deseño escénico cheo de forza e orixinalidade.
Genero:Soul / Funkie
Fecha:28/03/2018
Discografica:Casa de Tolos

Canciones

  • 1 Funkeirada
    00:00:00
  • 2 Young Boy
    00:04:48
  • 3 Ironía Ambiental
    00:09:09
  • 4 Iron Man
    00:13:06
  • 5 Astro
    00:17:53
  • 6 Voa
    00:23:08
  • 7 Lingua
    00:27:21
  • 8 Change
    00:31:30
  • 9 Non vou a tolerar
    00:36:16
  • 10 Crazy Love
    00:40:38