Chévere: "Ultranoite No País dos Ananos"
En xaneiro de 1993 comezaron a facerse as Ultranoites na Sala Nasa, ao mesmo tempo que a Xunta de Galicia inventaba un alter ego para incorporarse ao futuro, o Xacobeo, surfeando sobre a marea de subvencións que chegaban da Unión Europea.
Mentres, a Ultranoite mergullouse en canles subterráneas para ofrecer un reflexo cómico, crítico, gamberro e perralleiro desa realidade tan aparente pero tan oca.
Agora, 20 anos despois, e mentres non chega a vindeira celebración xacobea, facemos unha paradiña no camiño da Ultranoite para botar a vista atrás con tanta inxenuidade como rencor e certificar musicalmente sobre o escenario a nosa derrota. Galicia segue imparable na súa perda de identidade. E a Ultranoite desborda personalidade.
Genero: | Comedia musical |
Fecha: | 27/09/2017 |
Discografica: | Casa de Tolos |
| |