Escola de Gaitas de Ortigueira 2014
A Escola de Gaitas de Ortigueira naceu no ano 1975 co fin de protexer e difundir a cultura do noso país, convertendose na primeira Banda de gaitas de Galicia, coma formación, da man de Xavier Garrote. Logo dunha viaxe ó prestixioso festival de Lorient ese mismo ano, na Bretaña francesa, a directiva da Banda crea no 1978, coa axuda de diversas personalidades locais, o Festival Internacional do Mundo celta de Ortigueira.
Na actualidade conta con 40 músicos da primeira Banda e numerosos aprendices na súa escola de música tradicional e baile rexional. Como fundadores, son o único grupo que participou en todas as edicións do certamen e, dende hai preto de 10 anos, forma parte da nova organización do Festival, encargándose da sección de Bandas invitadas.
| Genero: | Grandes formaciones Folk europeas |
| Fecha: | 18/07/2014 |
| Discografica: | Casa de Tolos |
| Festival: | Festival de Ortigueira |