O Fiadeiro
A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de compilar, conservar e transmitir o patrimonio cultural da tradición galega. Fan un traballo de recollida, estudo e arquivo dos elementos tradicionais pra poder difundilos e transmitilos a outras xeracións.
Actualmente a fundación está dividida en:
- Área Artística: Pandereteiras O Fiadeiro, Pandereteiros O Fiadeiro, Charanga O Fiadeiro, Orquesta O Fiadeiro Grupo de Baile Tradicional O Fiadeiro.
- Área de Recuperación: Grupo de Recollidas e Traballo de Campo, Grupo de arquivo e análise.
- Área de Vestiario: formada por un grupo de traballo que recupera e documenta o vestiario e os distintos complementos que o acompañan.
- Área de Escola: formada por un equipo de vinte monitores, todos eles especializados nas diferentes disciplinas que se imparten.
- Área Web: formada por un equipo encargado da actualización continuada do espazo web, así coma da súa presenza nas redes sociais .
- Área de Revista e Publicacións: equipo de comunicación adicado á divulgación de actividades e actos nos medios de comunicación.
Genero: | Raiz & Baile |
Fecha: | 12/09/2015 |
Discografica: | Casa de Tolos |
Festival: | Festival de la Luz |