Luar na Lubre

Luar na Lubre nace no ano 1986 na cidade de A Coruña e dende entón converteuse nun referente da música feita en Galicia. Entenden a música como un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito, á diferenza enriquecedora do pobo galego. O seu proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias. Hoxe en día Luar na Lubre é probablemente a banda máis internacional da Galiza, xa que levan percorrido parte do planeta mostrando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta. As cifras falan por si solas, Luar na Lubre ten publicados 12 traballos discográficos, leva vendido 300.000 discos, recibiu dous discos de ouro e ofreceu máis de 1.000 concertos en 23 países diferentes.
Genero:Galician Folk
Fecha:22/09/2012
Discografica:Casa de Tolos
Festival:Festival de la Luz

Canciones

  • 1 Gran Sol
    00:00:00
  • 2 Britonia
    00:10:26
  • 3 Les set gotx
    00:16:10
  • 4 Carolina
    00:19:04
  • 5 Camiño de Caión
    00:22:47
  • 6 Ith
    00:27:20
  • 7 Tu Gitana
    00:30:54
  • 8 Pousa
    00:35:56
  • 9 Nau
    00:40:20
  • 10 Ao Pasar Pola Coruña
    00:44:02
  • 11 Camariñas
    00:49:56