Victor Aneiros unplugged
                            Víctor Aneiros presenta, no estudio de Casa de Tolos, o seu derradeiro traballo "A soidade pide copas nos bares". Son versións acústicas tiradas de tres discos anteriores, "O blues do amencer" (2004), "Heroe secreto" (2008) e "Brétemas da memoria" (2010). 
Xuntas, na súa nova forma acústica, as pezas teñen un aspecto máis melancólico. "As versións" de "Miña bala perdida", "Vida bohemia", "Un tute á morte" e "Autor de westerns" cambian moitísimo ca guitarra clara, limpa e espida de Aneiros. E medran tamén en intensidade, coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista, o pianista Fran Rey, con quen manten fermosos diálogos.
                            
                                | Genero: | El blues más actual | 
                                | Fecha: | 24/04/2015 | 
                                | Discografica: | Casa de Tolos | 
                                | Festival: | Los Conciertos de Casa de Tolos |