Caamaño & Ameixeiras - Carballeira de Zas
Caamaño&Ameixeiras é un dos grandes expoñentes a nivel internacional da nova música tradicional galega. Resignificando a música e o baile de raíz con sonoridades contemporáneas, o dúo formado por Sabela Caamaño (acordeón) e Antía Ameixeiras (violín e voz) levou a súa proposta íntima e á vez enérxica polos principais escenarios de toda Europa.
Na súa actuación na 41ª Festa da Carballeira de Zas, celebrada o 9 de agosto de 2025, despregaron un directo vibrante e cheo de forza, desgranando pezas destacadas da súa traxectoria como «O corpo aberto», «Florencio», «Maneo de Cambre», «Virar as tellas» ou «Aire!». O concerto contou ademais co acompañamento de Daniel Vallejo ao baixo e a colaboración especial sobre o escenario das Pandereteiras de Adro, as Xirifeiras, Raigañas e Icía.
| Genero: | |
| Fecha: | 09/08/2025 |
| Discografica: | Casa de Tolos |
| Festival: | Festa da Carballeira de Zas |